
Un edificio naranxa se erguía ante seus ollos, xunto a un amarelo, ese amarelo que fai uns anos parece que se puxo de moda para tódalas casa. Pero o laranxa...duas xanelas e unha galería por piso. Ante seus ollo catro deles. E non sabe cantos pisos ten, solo vé catro dende a súa cadeira. A cadeira que colleu para poder estudar, a pesar do fracaso en notas que tiña últimamente. Un edificio naranxa no que vive xente, porque a posición das ventanas e as persianas varía dependendo dos dias, das horas... Pero só mirou vida no primeiro, no piso onde un home, a media tarde, apaga a televisión e se apoia contra a ventana cun coxín para mirar pasar os coches. Eses coches tan ruidos que pasan tanto de día como de noite, sen importar se hai xente vivindo na zona. Que lle da igual todo. A velicidades excesivas, pero da igual. Logo a típica ambulancia que sempre pasa coa sirea posta, porque os coches en segunda fila lle impiden salvar a vida a persoa que levan nela. Sempre igual a mesma rutina
Mirando o edificio naranxa pensa en todo o que lle gustaría: que os pantalons non lle apretasen na cintura, que El estivese aqui de cando en vez (ou sempre, que máis da), que cheguen as vacación, que se rematen os suspensos e veñan as boas novas, que todo volva a cando un toque era tremer de nervios. Todo parece que vai ser perfecto cando chegue o fin de semana, pero como todos saben, a perfeción sóamente existe na mente do ser humano, ese ser tan complexo que, de modo individual estudamos de unha a duas.
Parece extraño que, un edificio laranxa sexa o paisaxe que ocupa o lugar as ruinas que o ano pasado miraba dende a sua antigua casa. Un edificio naranxa no que viven descoñecidos Tan descoñecidos como os seus propios veciños
E é que, cando vives nunha cidade, e estas acostumada a vivir en medio de arbores, herba e rio, con xente coñecida ao teu arredos, vivir no medio de edificios, sen verde, e sen coñecidos pasa a ser o peor pesadelo, o máis deprimente, do mundo.





